FESTA 'EU VOU AO CINE'

28set16:00FESTA 'EU VOU AO CINE'ESPECTÁCULOS | 3,50€16:00(GMT+02:00)

Detalles do eventos

Do luns 27 ao xoves 30 (ambos inclusive) celebrarase nos cines de Vigo a festa ‘Eu Vou Ao Cine’, coas entradas a 3,50€. Trátase dunha iniciativa que promove a cultura segura e pretende fomentar as visitas ao cine despois da crise vivida polo sector por mor da pandemia.

As salas viguesas que participan na promoción son Gran Vía Cines, Cines Yelmo Travesía, Galicine Plaza Elíptica e Multicines Norte. Non é necesaria ningunha acreditación especial para conseguir as entradas ao prezo reducido, poden adquirirse a partir do domingo 26 nas plataformas virtuais dos cines adscritos e a partir do luns na mesma taquilla.

Algúns dos títulos que poderedes atopar na carteleira son:

  • Dune: Ciencia Ficción
  • Respect: Musical
  • No respires 2: Terror
  • Maixabel: Drama
  • El club del paro: Comedia
  • Ninja a cuadros 2 – Misión Tailandia: Animación, público infantil
  • Shang-Chi y la leyenda de los diez anillos: Marvel
  • Annette: Musical
  • Negro púrpura: Documental

Máis

Hora

(Martes) 16:00(GMT+02:00)