VIALIA
bannerPicnicSesions

Festa entroido en Bouzas

18feb16:30Festa entroido en BouzasAS NOSAS FESTAS | De balde16:30(GMT+01:00) Centro Social de Bouzas

Detalles do eventos

A Cultural de Bouzas quere rescatar as festas e tradicións e así celebralas nas rúas da nosa vila. O entroido é unha das favoritas.

O sábado 18 pola tarde estaran bailando todas as mascaritas, meigas, superheroes… nun ambiente familiar, na Alameda Suárez Llanos, para inundar Bouzas de ambiente entrodeiro. De 16:30 a 21:30 con música no palco e tatuaxes temporais e brilantina para todos.

sábado 25, tamén pola tarde, partirá da Alameda o mundialmente coñecido III Enterro da Rincha, acompañados pola charanga Trébede e dando lectura ao testamento antes de levar á Rincha e á Rinchicha cara ao mar no barco-fúnebre da Asociación de Mariñeiros Tradicionáis.

Máis

Hora

(Sábado) 16:30(GMT+01:00)

Localización

Centro Social de Bouzas

Rúa de Eduardo Cabello, 53, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events