>

05set12:3020:00Festa do Xurelo de CabralAS NOSAS FESTAS | De balde12:30 - 20:00(GMT+02:00) Cabral

Detalles do eventos

Cabral celebra este sábado 5 de setembro a 26ª edición da súa Festa do Xurelo, unha cita gastronómica que volverá reunir veciñanza e visitantes arredor deste peixe preparado de diferentes maneiras.

A degustación comezará ás 12:30 h, con xurelos asados, en escabeche e en empanada, ademais doutras opcións como carne, bonito ou bacallau, todo a prezos populares.

A música acompañará toda a xornada: ás 13:00 h actuará a Banda de Música Unión Musical de Cabral e ás 14:00 h será a quenda do Dúo Armonía. Pola tarde, ás 18:00 h, subirán ao escenario as Pandereteiras Xoltra da AVV e ás 19:00 h pechará a programación o Coro Tradicional Tirapuxa.

Hora

5 setembro, 2026 12:30 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

Cabral

Other Events