>

09ago11:0023:59Festa do Socio e da Socia, do Veciño e Festa do PolboAS NOSAS FESTAS | -11:00 - 23:59(GMT+02:00) Carballeira do Pedregal

Detalles do eventos

Valladares celebra unha nova xornada de convivencia arredor da música, o folclore e a gastronomía. Desde as 11:00 horas haberá actuacións da Agrupación Folclórica e da Coral Polifónica do CVC de Valladares, ademais dun concerto da Unión Musical. Ao mediodía servirase polbo e churrasco, con retirada previa de tíckets nas oficinas do centro.

Pola tarde, a festa continuará desde as 15:30 horas con animación infantil, o grupo de teatro Escoitade, a Orquestra de Acordeóns Cataventos e música disco.

Programación completa

11:00 h – Inicio da xornada gastronómica no novo recinto da carballeira do Pedregal.
11:15 h – Actuación da Agrupación Folclórica do CVC de Valladares.
12:00 h – Actuación da Coral Polifónica do CVC de Valladares.
13:00 h – Recepción das autoridades e homenaxe a unha persoa ou entidade da parroquia pola súa contribución social, cultural, veciñal ou deportiva.
13:30 h – Concerto da Banda de Música Unión Musical de Valladares.

Xantar – Polbo e churrasco mediante achega económica. Non se servirán a partir das 15:00 h.

Desde as 15:30 h – Programación da tarde con:

  • Animación infantil.
  • Grupo de Teatro Escoitade.
  • Orquestra de Acordeóns Cataventos.
  • Música disco.

*Prezos do ano pasado: o pack para socios/as custa 10€ e o pack para non socios/as 26€

Hora

9 agosto, 2026 11:00 - 23:59(GMT+02:00)

Localización

Carballeira do Pedregal

36314 Vigo, Pontevedra

Other Events