Festa do polbo Valadares – A Movida

agosto, 2018

12ago10:00Festa do polbo ValadaresFESTA GASTRONÓMICA | De balde10:00 Monte dos Pozos

Máis

Detalles do evento

Gastronomía, romarías tradicionais e verbenas conforman o tridente das festas
parroquias de Valladares no mes de agosto. As festividades comezan este domingo día 12 cunha triple cita no Parque Forestal Monte dos Pozos: a XXXVII edición da Festa do/a Socio/a, XXX Festa do/a Veciño/a e XXIX Festa do Polbo. A partires das 11 da mañá darán comezo os actos festivo-gastronómicos. O grupo Aturuxo dará o pistoletazo de saída ás actuacións da mañá, seguidos do Grupo de Danças e Cantares de Cortegaça (Aveiro) que porán a nota internacional ao día. Cara ás 13:00 horas recibiranse ás autoridades e serán agasallados os veciños elexidos coma de costume pola súa aportación desinteresada á parroquia no eido cultural, veciñal e deportivo.

Mentres a xente se prepara para degustar as racións de polbo e churrasco que ofrece a organización a prezos populares, a Unión Musical de Valladares pechará os actos da mañá coa súa música.

Os máis cativos, ademáis do parque de atraccións hinchables Lagolandia, poderán
desfrutar de diferentes actividades de animación con Maisquebrincos a partires das 16:30 da tarde, momento no que se sucederán as actuacións dunha pequena selección das moitas actividades que se veñen desenvolvendo durante todo o ano no Centro Veciñal e Cultural de Valladares – Cantareiras do Alba, os grupos de baile Amieiras e Ledicias, o Grupo de Teatro Escoitade, o Banco do Tempo de Valladares e ata unha Máster class de zumba– tendo coma de costume, un grande fin de festa coa intervención da Unión Musical de Valladares.

Haberá barcos a disposición do público na lagoa do Monte dos Pozos a cargo da
Asociación de Modelistas Navais Amonaga, e unha zona de stands para artesáns e productos gastronómicos.

 

Hora

(Domingo) 10:00

Lugar

Monte dos Pozos

Estrada do Freixo, 1, 36315 Vigo, Pontevedra

X