Detalles do eventos
Festa organizada pola Asociación Cultural O Coto no Colexio Público Carballal de Cabral, no municipio de Vigo. As persoas asistentes á festa poderán gozar ao
Detalles do eventos
Festa organizada pola Asociación Cultural O Coto no Colexio Público Carballal de Cabral, no municipio de Vigo.
As persoas asistentes á festa poderán gozar ao longo do día coa degustación dun gran número de pratos que teñen a cabaza como ingrediente principal: caldo, marmeladas, pan, galletas, sobremesas, empanadas, pasteles…, todos eles elaborados de maneira artesanal polos voluntarios da propia asociación.
Á marxe das degustacións culinarias, os presentes tamén poderán deleitarse a partir das 11.30 horas coas actuacións musicais do grupo de gaitas Xestarega, o grupo Amalghama e a escola de gaitas e percusión Vila Galiza de Lavadores. Tamén en horario de mañá levarase a cabo a lectura do pregón, que este ano correrá a cargo do escritor Francisco Narla.
Pola tarde, a animación musical continuará a partir das 17.30 horas co orfeón popular e a escola de baile tradicional O Coto, así como coa escola de gaitas e percusión Miudiño.
Hora
16 novembro, 2025 11:30(GMT+01:00)
Localización
Colexio Carballal (Cabral)
Freiría, nº1, 36318 Vigo, PO



