31out17:00Festa de Samaín de TameigaPEQUECHOS | De balde17:00(GMT+01:00) Centro Cultural As Pedriñas

Detalles do eventos

A xornada do venres en Tameiga comeza ás 17 horas con dous talleres infantís. No primeiro, a rapazada poderá preparar as súas propias galletas, as máis monstrosamente ricas e misteriosas; no segundo, no obradoiro ensinarase a facer uns pequenos e embruxados elementos decorativos do Samaín, que poderán levar ás súas casas. 

Despois dos talleres, a festa de Samaín continúa para o público infantil, cunha proposta deliciosa. A partir das 19 horas, a narradora Marta Ortíz presentará o seu “Contos, castañas e teas de araña”, un contacontos moi singular para degustar xunto cunha castañada. Contos de medo que dan risa, contos de risa que acaban dando algo de medo; uns cantados, outros tradicionais e algúns inventados, todos eles deseñados para escoitar comendo castañas na noite de Samaín. 

Hora

31 outubro, 2025 17:00(GMT+01:00)

Localización

Centro Cultural As Pedriñas

Other Events