REVISTA ABRIL

Festa de Nadal na Rebullón

22dec17:30Festa de Nadal na RebullónPEQUERRECHOS | De balde17:30(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

A Sala Rebullón acolle unha festa de Nadal chea de circo, tradición e doces. O teatro virá da man de Tanxarina co seu espectáculo ‘Titiricircus’. Tamén recibirán a visita da Apalpadora e por último vos espera unha chocolatada na Cantina As Pedriñas.

SINOPSE ‘TITIRICIRCUS’
Un recordo ensoñador e festivo do gran circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo que o público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica; o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo….

Duración: 50 minutos.
Público: + 3 anos

Xoves 22 ás 17:30

Entrada de balde

Máis

Hora

(Xoves) 17:30(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events