REVISTA FEBREIRO

17feb16:3019:00Festa de Entroido de Star WarsPEQUERRECHOS | De balde16:30 - 19:00(GMT+01:00) Centro Comercial Camelias

Detalles do eventos

O espírito do Entroido chega a Camelias cunha festa temática inspirada no universo Star Wars, pensada para o goce de pequenos e maiores. O centro comercial transformarase nun espazo de fantasía e diversión o martes 17 de febreiro, con actividades gratuítas que converterán a tarde nunha experiencia compartida.

A celebración desenvolverase entre as 16:30 e as 19:00 horas e repartirase en distintos espazos do centro. Na planta alta, de 17:00 a 19:00 horas, terá lugar un desfile acompañado de xogos e música en directo a cargo de Rony Macarroni, mentres que a planta baixa acollerá, de 16:30 a 18:30 horas, un servizo de caracterización infantil da man de Alicia Gil, para que as persoas asistentes poidan completar o seu aspecto de Entroido.

Esta festa forma parte da programación mensual de Camelias, centrada en actividades familiares e propostas temáticas que favorecen a participación, o lecer compartido e o encontro entre persoas de todas as idades.

Hora

17 febreiro, 2026 16:30 - 19:00(GMT+01:00)

Localización

Centro Comercial Camelias

Praza de América, 1, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events