
Detalles do eventos
“Dende a Asociación Xaruma de Vigo, unha entidade sen ánimo de lucro que traballa coa comunidade e persoas con problemas de saúde mental, queremos convocar
Detalles do eventos
“Dende a Asociación Xaruma de Vigo, unha entidade sen ánimo de lucro que traballa coa comunidade e persoas con problemas de saúde mental, queremos convocar a prensa á Festa de Despedida na Honra das Hortas de Xaruma, que se celebrará o vindeiro martes, 15 de outubro de 17:00 a 19:30 horas, no centro Gárate, na rúa Sanjurjo Badía número 79 (dentro do Colexio do Apóstol).
Este evento está aberto a toda a comunidade e ten como obxectivo reivindicar a importancia das hortas do noso proxecto Naturalmente, que desde 2013 ven promovendo a integración laboral e social de persoas en risco de exclusión, con especial enfoque na saúde mental, a educación ambiental, a formación en xardinería e horticultura, así como hábitos alimentarios saudables.
Durante a festa, faremos un recoñecemento ao traballo realizado polo equipo de educación ambiental da nosa asociación e aproveitaremos para anunciar que, a partir de decembro, as hortas pecharán definitivamente. Estamos buscando un novo espazo verde en Vigo para trasladar o proxecto e seguir co noso labor social e ambiental.
Convidámosvos a asistir a este evento tan importante para nós, onde poderedes coñecer máis sobre o noso traballo e os resultados alcanzados, así como difundir esta chamada á comunidade en busca dun novo espazo.”
Máis
Hora
15 outubro, 2024 17:00 - 19:30(GMT+02:00)
Localización
Asociación Xaruma
Rúa de Sanjurjo Badía, 79, 36207 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual