Detalles do eventos
A Galería Maraca despídese por todo o alto. O espazo, referente da cultura underground viguesa, pecha as súas portas este sábado e faino celebrando unha festa de despedida
Detalles do eventos
A Galería Maraca despídese por todo o alto. O espazo, referente da cultura underground viguesa, pecha as súas portas este sábado e faino celebrando unha festa de despedida á altura de todo o que foi: comunidade, barrio, amizade e moita creatividade. Tal e como xa contamos no artigo sobre o seu peche, Maraca foi durante anos un lugar clave para proxectos culturais alternativos en Vigo.
A xornada comezará ás 12:30h coa gravación en directo e con público de Lo que Vigo esconde, un podcast no que se repasarán todas as alegrías, encontros e experiencias que deixou o espazo.
Pola tarde, a festa continúa cunha sesión especial de Charlas Maraca, na que se presentarán proxectos vigueses relacionados co deseño, a ilustración e a creatividade.
Durante toda a tarde haberá música, cervexas, bailes e moitos abrazos para despedir un lugar que dinamizou a escena cultural da cidade durante cinco anos.

Hora
24 xaneiro, 2026 12:30 - 21:00(GMT+01:00)
Localización
Galería Maraca
Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra


