REVISTA A MOVIDA >

15mai16:30Festa das Letras Galegas na Praza da IndustriaESPECTÁCULOS | De balde16:30(GMT+02:00) Praza da Industria

Detalles do eventos

Esta asociación cultural e veciñal leva desde o ano 2017 artellando barrio na zona da Industria en Vigo. A entidade aposta por recuperar a convivencia veciñal e a protección do patrimonio industrial e os espazos naturais, promovendo o seu coñecemento para fortalecer o sentimento de pertenza e preservar a historia local.

O colectivo traballa para que a cultura non se focalice só no centro da cidade, achegándoa aos lugares de residencia de xeito gratuíto para evitar a exclusión de sectores como as persoas maiores ou con menos recursos. Para logralo, dinamizan o barrio con festas tradicionais, obradoiros, murais e roteiros culturais.

A través da colaboración de voluntariado, o pequeno comercio e organizacións como a cooperativa Árbore, A Morada ou Beiramar da Xente, buscan tecer unha rede humana que ofreza unha programación de calidade, en galego e con valores feministas, inclusivos e ecoloxistas. Entre as súas actividades destacan:

  • Unha actuación e obradoiro de regueifa sobre Begoña Caamaño con Branca Trigo Cabaleiro e Silvia Villar.
  • Unha foliada co grupo de pandereteiras e bailes de serán de ‘A Morada’.
  • Postos de exposición e venda de libros coas librarías do barrio ‘Sequeiros’ e ‘A Klandestina’.
  • Paneis explicativos sobre a figura da escritora Begoña Caamaño.

Hora

15 maio, 2026 16:30(GMT+02:00)

Localización

Praza da Industria

Pl. Eugenio Fadrique, 8, Coia, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events