
Festa da Sementeira
30abr16:30Festa da SementeiraPEQUERRECHOS | De balde16:30(GMT+02:00) Matamá
Detalles do eventos
Novena edición da festa de Matamá que busca achegar o campo aos máis pequenos,. Durante os festexos, pequenos e maiores axudarán a labrar e sementar un campo de
Detalles do eventos
Novena edición da festa de Matamá que busca achegar o campo aos máis pequenos,. Durante os festexos, pequenos e maiores axudarán a labrar e sementar un campo de millo, tal e como se facía outrora.
A Festa da Sementeira celébrase ao carón dun muíño e non é casualidade. Aí foi onde se orixinou este particular festexo que vai xa, pola sétima edición. Algúns membros do colectivo Malaherba, organizadores da festa, encargáronse da reconstrución dun muíño que estaba en estado ruinoso. Ao rematar decatáronse que para poder empregalo precisaban millo que moer. Foi entón cando se decidiron a recuperar todo o ciclo. Un ciclo que comeza na primavera coa labranza do campo e a sementeira. Ambos actos executaranse este sábado, como acontecementos centrais desta festa.
O horario da xornada é o seguinte
16:30h Comezo da labranza
17h Cé Orquestra Pantasma
18:30 Peter Punk
20h Sementeira do millo feita polos nenos
21h Storrentos
Ademais haberá mostra etnográfica, muiñadas e cervexa artesá durante todo o día. A organización anima a acudir vestidos de labregos.
Máis
Hora
30 abril, 2022 16:30(GMT+01:00)
Localización
Matamá
Rúa de Manuel Cominges, 18, 36213 Vigo, Pontevedra
- Mes actual
Séguenos nas redes