REVISTA ABRIL

Festa da Muiñeira

26xuñ19:30Festa da MuiñeiraFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:30(GMT+02:00) Peirao do Náutico

Detalles do eventos

Finalmente, a muiñeira volve ás rúas de Vigo. A danza tradicional terá o seu lugar o próximo 26
de xuño no entorno do Náutico ás 19:30h. 15 grupos folclóricos de varias parroquias da cidade
olívica ocuparanse de facer un percorrido sonoro pola beira do paseo marítimo. Na Festa da
Muiñeira, os grupos bailarán en 4 puntos diferentes para, finalmente, reunirse no Nadador en A
Laxe e bailar todos á vez nunha gran peza conxunta.
A muiñeira sempre estivo vencellada coa cidade olívica. A pesares de que está presente en varias
festas locais, non tiña unha data adicada exclusivamente a ela desde hai anos. Este baleiro ven
a ser cuberto pola Festa da Muiñeira, un novo evento que, agarda, ter continuidade no futuro.
Os encargados da organización son a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo,
unha entidade sen ánimo de lucro formada por 33 asociacións viguesas que ven pisando forte
no terreo da tradición folclórica e a difusión cultural. Nesta ocasión contan coa colaboración e
patrocinio da Xunta, Autoridade Portuaria de Vigo, Termavi, Gadis, Froiz e Frutas Nieves.
Para facer apetito deste evento, o pasado 11 de xuño tivo lugar un flashmob na rúa do Príncipe
que sorprendeu aos viandantes da peatonal cunha danza improvisada con música da man do
grupo Cans de Palleiro e pasos de O Fiadeiro. Pódese ver nesta ligazón:
https://youtu.be/uPXQOdm9G4Y

Máis

Hora

(Domingo) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Peirao do Náutico

As Avenidas, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events