VEGANA

Festa da Cultura: Un funeral para morrer coa risa

16xul20:30Festa da Cultura: Un funeral para morrer coa risaESPECTÁCULOS | De balde20:30(GMT+02:00) Centro Cultural de Beade

Detalles do eventos

Os centros culturais vigueses énchense de teatro no mes de xullo dentro da programación da Festa da Cultura. A fin de semana pasada celebrouse a Festa da Cultura na súa ubicación habitual: Porta do Sol. Ao longo dos días 7 e 8 de xullo pasaron baixo as pernas do Sereo unha trintena de grupos folclóricos da ciudade. Cun éxito total de asistencia. Para continuar coa festa, e coa intención de achegala a tódalas parroquias da cidade olívica, a programación continúa cun ciclo de teatro que percorrerá varios centros culturais. As obras abranguen todo tipo de xéneros e públicos que seguro que pasarán un bo rato con compañías pequenas da cidade. A entrada é libre para tódalas funcións, que sempre terán lugar ás 20:30h.

Esta é a súa programación completa:
Sábado 15 de xullo / S.C.D.R. Helios de Bembrive – Dominó celeste ou, que vai ser de ti Ernesto? (Compañía: Escoitade)
Sábado 15 de xullo / C.V.C. de Valladares – O milagre de Santa María Juana (Compañía: Tarantela)
Domingo 16 de xullo / C.C.R. de Beade – Un funeral para morrer coa risa (Compañía: Agarimo)
Sábado 22 de xullo / C.V.C. de Valladares – Munuwa (Compañía: Porta Aberta)
Sábado 22 de xullo / S.C.D.R. Helios de Bembrive – Apocalipse Nau (Compañía: Atlántida de Matamá)

Máis