VEGANA

Festa da Cigala

11ago(ago 11)20:0013(ago 13)12:00Festa da CigalaGASTRO | De balde20:00 - 12:00 (13)(GMT+02:00) Real Club Náutico de Vigo

Detalles do eventos

Os días 11,12 e 13 de agosto celebrarase en Vigo a Festa do Lagostino no seu XXIX edición, coincidindo coa regata das Rías Baixas, realizarase no ambiente mariñeiro do porto de Vigo sendo en Real Club Náutico de Vigo o lugar de Celebración do Capitulo correspondente ao sábado 12 de agosto.

O Programa de actividades será o seguinte:

Venres día 11 de agosto

Recepción dos confrades, ás 20:00 entrega das acreditacións e aperitivo de benvida
Roteiro do Lagostino polos locais da Zona náutico

Sábado 12 de agosto

Concentración das Confrarías na terminal marítima do porto de Vigo, ás 11:00

Inauguración da festa do Lagostino co pregón do presidente da Confraría da Lagostino Don Enrique Rodríguez Cóvelo. Cos grupos A Cabeza non para e Os alegres de Mourente. Nomeamento dos Confrades de Honra e imposición de Capas

  • Don Manuel Pérez Vidal presidente da Federación de venezolanos en Galicia.
  • Don Amador Castro, Inspector marítimo, Capitanía marítima de Vigo.
  • Don Enric Ribeira Gabandé, xornalista, escritor e viaxeiro, especializado en Turismo, Gastronomía e Enoloxía.

Desfile das Confrarías polo Paseo do náutico de Vigo
Gran Capitulo exaltación do Lagostino
Ás 14:00 no Salón Principal do RC Náutico de Vigo

Domingo 13 de agosto

Con puntualidade mariñeira concentrarémonos no porto deportivo do RC náutico para embarcar ás 11:30. O Roteiro marítimo será nun moderno cruceiro do noso patrocinador Piratas de Nabia e sairá do porto deportivo ás 12:00, realizando un roteiro marítimo pola ría de Vigo con parada nunha Batea onde poderemos observar como se cultiva o mexillón. O mesmo mexillón que degustaremos acompañado por albariño, augas refrescos para dar entrada a un arroz á mariñeira de chuparse os dedos. O roteiro marítimo conta con animación e música nunha ría que ese día conta coa competición da regata Rías Baixas. Ás 16:00 desembarco no porto deportivo, fotografía de recordo.

Máis

Hora

11 agosto, 2023 20:00 - 13 agosto, 2023 12:00(GMT+02:00)