Detalles do eventos
Bouzas acolle esta fin de semana a súa propia versión da Reconquista, recreando os momentos da liberación das tropas napoleónicas no 1809. A XVIII Brincadeira de Bouzas será
Detalles do eventos
Bouzas acolle esta fin de semana a súa propia versión da Reconquista, recreando os momentos da liberación das tropas napoleónicas no 1809. A XVIII Brincadeira de Bouzas será máis participativa e inclusiva e unha das novidades desta edición é que os grupos de animación e música percorrerán todo Bouzas, creando ambiente de forma continuada e dinámica. Haberá máis de 40 actuacións ao longo da fin de semana e 140 postos de artesanía e gastronomía tradicional en diferentes zonas, ademais de aumentar o número de mesas e bancos de madeira.
Na zona da Igrexa, situada na Praia do Adro, habilitarase un espazo familiar con talleres infantís e demostracións de oficios tradicionais como cestería, talla de vidro, creación de instrumentos musicais, zocas ou artesanía en pedra. A Alameda transformarase na chamada Alameda dos aprendices, cunha área dedicada a xogos tradicionais e talleres participativos de distintas disciplinas, entre elas escritura antiga, olería, tapicería, pintura, cuñaxe de moeda ou lacrado. Ademais, a programación incluirá iniciativas inclusivas, como xogos adaptados para persoas con mobilidade reducida o venres pola tarde, así como talleres destinados a fomentar a participación interxeracional entre nenos e nenas.
Na praia situarase o escenario principal, onde se representará unha recreación histórica centrada no papel de Bouzas e Vigo na expulsión das tropas francesas. A escenificación dividirase en dous actos: o primeiro terá lugar o sábado e o segundo o domingo ás 18:30 horas, cunha duración aproximada de 40 minutos cada un.
Programa de actividades:
Sábado ás 18:30 h – Recreación histórica da expulsión das tropas francesas (Acto I)
Domingo ás 13:00 h – IV Concurso de traxes de época
Domingo ás 18:30 h – Recreación histórica da expulsión das tropas francesas (Acto II)
Sábado e domingo – Actuacións itinerantes de Os Ferraias da Etea, Queixumes, Arroutadas, Os erdeiros dos morenos, Setecuncas, Aturuxo, Grupo de gaitas Atlántida entre outros.
Horarios da festa:
Venres de 18:00 h a 23:00 h
Sábado de 11:30 h a 23:00 h
Domingo de 11:30 h a 21:30 h
Un pouco de historia:
A festa da Brincadeira honra as persoas que participaron na expulsión dos franceses en 1809. Un dos persoeiros que tiveron maior relevancia nestes actos foi Caetano Parada Pérez, quen en 1772 ingresou na administración como alcalde do pequeno coto de Valadares e nese mesmo ano iniciou o mandato na xurisdición de Bouzas. Tras a toma das tropas napoléonicas da cidade de Vigo, Caetano reúnese na súa casa co alcalde de Vigo Francisco Xavier Vázquez Varela para establecer o cerco de Vigo e preparar as armas para enfrontarse aos franceses na porta da Falperra.
Hora
8 maio, 2026 18:00 - 10 maio, 2026 21:30(GMT+02:00)
Localización
Praza Igrexa de Bouzas
36208, Rúa de Sebastián Elcano, 24, 36208 Vigo, Pontevedra


