Detalles do eventos
Os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo celébrase a Festa da Arribada, que conmemora a chegada da Carabela Pinta á vila de Baiona.
Detalles do eventos
Os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo celébrase a Festa da Arribada, que conmemora a chegada da Carabela Pinta á vila de Baiona.
Baiona transfórmase nunha vila do século XV para celebrar a Arribada, a festa que conmemora a chegada da carabela A Pinta ao seu porto e que este ano celebra a súa 24ª edición. Como cada ano serán tres días de celebracións, entre o venres 28 de febreiro e o domingo 2 de marzo, nos que destacará o ambiente festivo, a instalación dun gran mercado e as representacións históricas.
O Real Mercado Medieval é un dos maiores reclamos da Arribada e contará con 200 postos nos que artesáns e comerciantes ofrecen desde obxectos de coiro e cerámica ata bixutería e delicias gastronómicas. Ademais durante as tres xornadas percorrerán as rúas animación con zancudos, bandas medievais e pasarrúas. Na alameda, persoas de todas as idades poderán participar dunha trintena de xogos populares e de enxeño ademais de obradoiros de cuñaxe de moedas, olería, tapices, escrita gótica, bordado, gravado en madeira e ourivaría. Tamén se instalará n parque de aventuras para os pequenos da familia.
Unha das actividades máis esperadas en cada edición é a representación teatral da Arribada do Descubrimento na praia Ribeira, que contará cun pase o sábado 28 de febreiro ás 20:00 h e o domingo 1 de marzo ás 18:00 h. Tampouco faltarán o Gran Torneo Medieval, os concertos de música antiga. Os visitantes poderán gozar de exhibicións de esgrima histórica e arquería, así como de contacontos e espectáculos de lume. Ademais, poderá visitarse a réplica da Carabela Pinta no porto.
Hora
27 febreiro, 2026 10:00 - 1 marzo, 2026 20:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
marzo

