
Festa da Arribada
Detalles do eventos
A vila mariñeira de Baiona engalánase para celebrar a Festa da Arribada do 28 de febreiro ao 2 de marzo. Este evento, queconmemora a chegada
Detalles do eventos
A vila mariñeira de Baiona engalánase para celebrar a Festa da Arribada do 28 de febreiro ao 2 de marzo. Este evento, queconmemora a chegada da carabela A Pinta á localidade en 1493, contará con mercado medieval, representacións teatrais e actividades para toda a familia como grandes atractivos.
Baiona transfórmase nunha vila do século XV para celebrar a Arribada, a festa que conmemora a chegada da carabela A Pinta ao seu porto e que este ano celebra a súa 24ª edición. Como cada ano serán tres días de celebracións, entre o venres 28 de febreiro e o domingo 2 de marzo, nos que destacará o ambiente festivo, a instalación dun gran mercado e as representacións históricas. O programa completo de actividades está dispoñible na web do Concello de Baiona.
O Real Mercado Medieval é un dos maiores reclamos da Arribada e contará con 200 postos nos que artesáns e comerciantes ofrecen desde obxectos de coiro e cerámica ata bixutería e delicias gastronómicas. Ademais durante as tres xornadas percorrerán as rúas animación con zancudos, bandas medievais e pasarrúas.
Este ano a Arribada aposta polo público familiar. Instalarase un barco pirata, un castelo medieval e un xadrez xigante con figuras de 2 metros de altura. Na alameda, persoas de todas as idades poderán participar dunha trintena de xogos populares e de enxeño ademais de obradoiros de cuñaxe de moedas, olería, tapices, escrita gótica, bordado, gravado en madeira e ourivaría. Tamén se instalará n parque de aventuras para os pequenos da familia.
Unha das actividades máis esperadas en cada edición é a representación teatral da Arribada do Descubrimento na praia Ribeira, que contará cun pase o sábado ás 20:00 h e outro o domingo ás 18:30 h. Tampouco faltarán o Gran Torneo Medieval, os espectáculos de cetrería e os concertos de música antiga. Os visitantes poderán gozar de exhibicións de esgrima histórica e arquería, así como de contacontos e espectáculos de lume. Ademais, poderá visitarse a réplica da Carabela Pinta no porto.
Resumo das actividades máis destacadas por días:
Venres
17:00 h – Parque da Palma: Espectáculo “Música y danza medieval” a cargo do grupo Upsala.
20:00 h – Atrio Igrexa Santa María de Baiona: Proxección de videomapping “Baiona un viaje en el tiempo” sobre a fachada da igrexa.
Sábado
12:10 – Praia Ribeira: Demostración de Tiro con Arco a cargo do Club Meigarco.
12:45 – Parque da Palma: Combate de Esgrima Medieval: Representación teatral de duelos con espadas a cargo da Sala Viguesa de Esgrima Antigua.
13:15 – Praia Ribeira: Gran espectáculo de Cetrería Montada a cargo de Águilas de Valporquero, donde halcones y halconeros nos mostrarán el arte milenario de la cetrería.
17:00 – Praia Ribeira:Gran Torneo Medieval: Justa, Tiro de venablos y Derribo de estafermo a cargo de Hípica Celta.
18:30 – Jardines del Hospital Sancti Spiritus (Biblioteca): Exhibición de Esgrima Antigua y Artes Marciales Históricas Europeas. Explicación de armamento y clases.
20:00 – Praia Ribeira: Representación teatral “Arribada del Descubrimiento”. Espectáculo pirotécnico.
Domingo
11:30 – Praia Ribeira: Demostración de Tiro con Arco a cargo del Club Meigarco.
12:00 – Entrada á Fortaleza de Monterreal: Gran Desfile Medieval coa participación de todos os grupos musicais que actuarán no Real mercado medieval da Arribada 2025.
12:20 – Praia Ribeira: Combate de Esgrima Medieval: Representación teatral de duelos con espadas a cargo de la Sala Viguesa de Esgrima Antigua.
13:00 – Parque da Palma: Demostración de Tiro con Arco a cargo del Club Meigarco.
13:10 – Convento de las Madres Dominicas: Concierto de música antigua a cargo del cuarteto “Pres de Cambrai” con instrumentos representados no Pórtico da Gloria do Mestre Mateo.
13:15 – Praia Ribeira: Gran espectáculo de Cetrería Montada a cargo de Águilas de Valporquero, donde halcones y halconeros nos mostrarán el arte milenario de la cetrería.
16:30 – Praia Ribeira: Gran Torneo Medieval: Justa, Tiro de venablos y Derribo de estafermo a cargo de Hípica Celta.
18:30 h – Praia Ribeira: Representación teatral “Arribada del Descubrimiento”.
Máis
Hora
28 febreiro, 2025 10:00 - 2 marzo, 2025 22:00(GMT+01:00)
Localización
Baiona
Rúa Lorenzo de la Carrera, S/N, 36300 Baiona, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmarzo
- Mes actual