Detalles do eventos
Este ano a asociación cumpre 9 anos! ✨9 anos tecendo barrio a través de múltiples festas populares e actividades, nun espazo que ficaría baleiro sen todo este
Detalles do eventos
Este ano a asociación cumpre 9 anos! ✨
9 anos tecendo barrio a través de múltiples festas populares e actividades, nun espazo que ficaría baleiro sen todo este traballo comunitario.
Nestes últimos tempos coméronnos un pouco as présas e non coidamos suficientemente toda a rede que supoñedes as persoas socias e voluntarias, e a asociación é iso: todas as persoas que sumades.🍍
Por todo isto, para festexar todo este percorrido e para agradecer todo o apoio e traballo voluntario, van facer un encontro, un convite a coñecerse mellor e a desfrutar da rede industriosa que tecemos todos estes anos.
✨O sábado 21 de febreiro, convidámoste a unha sesión vermú (a partir das 13:00h.) Na Morada (Enrique X Macías, 6, Vigo)✨
Hora
21 febreiro, 2026 13:00(GMT+01:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
marzo

