Festa #adoptaunaprenda – A Movida

novembro, 2018

30nov17:00Festa #adoptaunaprendaMERCADILLO | De balde17:00 Espacio Nido

Máis

Detalles do evento

O pasado verán concluíuse con éxito a primeira campaña de crowdfunding de Coclub. Nela pedían a colaboración para poder deseñar e programar unha páxina web que servise como tenda online e altofalante do proxecto #ADOPTAUNAPRENDA.

Para agradecer a todos e todas o apoio prestado celebran unha festa cos mecenas e amigos á primeira Festa #ADOPTAUNAPRENDA que terá a0 seguinte programación:

17:00 Apertura de portas
20:00 Presentación do proxecto #ADOPTAUNAPRENDA, amigos e colaboradores, agradecementos e próximos retos
20:15 Presentación da colaboración con Grupo Emaus Fundación Social.
21:00 Sorteo gañadores #ADOPTAUNAPRENDA
22:00 Peche

Durante todo o evento haberá unha barra de cervexa artesá de Cervexas Silvestres.

Se fuches mecenas e aínda non recolliches a túa recompensa podes pasarche a recollela a partir das 17:00 e ata o fin de festa.

Aproveita para facer as túas compras de agasallos para este Nadal xa que terán todo o armario con descontos en abrigos, xerseis, vestidos, camisas… Ademais, entre todos os que fagades unha compra durante esa tarde, sortearán 2 fantásticas pezas con historia (unha de moza e outra de mozo).

Tamén recollerán todas as pezas que queirades levar para que formen parte do proxecto ou llas doen a Emaús.

Todo isto en Espacio Nido.

Hora

(Venres) 17:00

Lugar

Espacio Nido

Rúa Ferrería, 25, 36202 Vigo, Pontevedra

X