30nov19:00Ferris Wheel CatastropheCONCERTOS | 7,50 €19:00(GMT+01:00) Aturuxo
Detalles do eventos
O músico galego Marcos Rivera estréase en solitario baixo o nome Ferris Wheel Catastrophe e co disco Try Back Tomorrow (Discos Disonante Ad, 2025), unha obra que se
Detalles do eventos
O músico galego Marcos Rivera estréase en solitario baixo o nome Ferris Wheel Catastrophe e co disco Try Back Tomorrow (Discos Disonante Ad, 2025), unha obra que se adentra no folk-rock contemporáneo e na americana. Acompañado aos teclados por Bruno Pérez, Rivera ofrece un universo sonoro no que conflúen raíces tradicionais e sensibilidades actuais, cun son cálido e orgánico, que combina guitarras acústicas, pianos, banjos e steelguitars.
O álbum, lanzado o 21 de febreiro e cantado íntegramente en inglés, explora a fraxilidade humana e a capacidade de resiliencia mediante a metáfora dunha noria que xira entre luces e sombras, caos e beleza. A mestura de Rivera e Pérez aporta texturas que oscilan entre o melancólico e o luminoso.
O disco poderá escoitarse en directo e con banda en dúas citas: o 30 de novembro na Sala Aturuxo de Bueu e o 5 de decembro na Sala Radar de Vigo. As entradas están xa dispoñibles en Enterticket por 9,50 €.
Hora
30 novembro, 2025 19:00(GMT+01:00)
Localización
Aturuxo
Rúa de Pazos Fontenla, 59, 36930 Bueu, Pontevedra



