06mar21:30'FERRIS WHEEL CATASTROPHE'CONCERTOS | 10,00 € 21:30(GMT+01:00) Sala Kominsky
Detalles do eventos
O músico galego Marcos Rivera estréase en solitario baixo o nome Ferris Wheel Catastrophe e co disco Try Back Tomorrow (Discos Disonante Ad, 2025), unha
Detalles do eventos
O músico galego Marcos Rivera estréase en solitario baixo o nome Ferris Wheel Catastrophe e co disco Try Back Tomorrow (Discos Disonante Ad, 2025), unha obra que se adentra no folk-rock contemporáneo e na americana. Acompañado aos teclados por Bruno Pérez, Rivera ofrece un universo sonoro no que conflúen raíces tradicionais e sensibilidades actuais, cun son cálido e orgánico, que combina guitarras acústicas, pianos, banjos e steelguitars.
O álbum, lanzado o 21 de febreiro e cantado íntegramente en inglés, explora a fraxilidade humana e a capacidade de resiliencia mediante a metáfora dunha noria que xira entre luces e sombras, caos e beleza. A mestura de Rivera e Pérez aporta texturas que oscilan entre o melancólico e o luminoso.
Hora
6 marzo, 2026 21:30(GMT+01:00)
Localización
Sala Kominsky
Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
marzo

