'Feminismos. A historia cóntana as vencedoras' de Anna R. Figueiredo
Detalles do eventos
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo retoma as actividades no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. (2ª planta da Biblioteca Pública “Juam Compañel”. r/Joaquin
Detalles do eventos
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo retoma as actividades no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. (2ª planta da Biblioteca Pública “Juam Compañel”. r/Joaquin Yáñez,6-2º andar) durante o período de setembro a decembro de 2020. Retómanse actividades como: Presentacións de libros, club de lectura (inscrición previa), faladoiros, espazo de traballo permanente de Wikimulleres (inscrición previa), laboratorio de lectura e escritura (inscrición previa), etc.
Actividade martes 22 de setembro: ‘Feminismos. A historia cóntana as vencedoras’
O libro, que fai un percorrido pola situación das mulleres dende a prehistoria ata hoxe, trata dunha viaxe pola historia da humanidade que reflicte a historia do feminismo como un movemento onde as mulleres procuraron e procuran acadar os mesmos dereitos cós homes, xerando un pensamento radical e independente que non ten por que reproducir o masculino. Unha historia do feminismo que nos explica que un universo en igualdade é unha realidade boa para todas e para todos. A autora detense tamén no feminismo galego, vangarda, en moitos sentidos, da loita polo empoderamento da muller. Ademais, o libro visibiliza e pon en valor a todas aquelas mulleres que foron invisibilizadas ao longo da historia ou ás que non se lles concedeu a importancia merecida polos seus logros.
Protocolo Covid-19:
Pola seguridade do público e persoal do Centro de Documentación tense aplicado un protocolo en virtude do cal todas as participantes aceptan o uso correcto e permanente da máscara, a desinfección de mans, a medición de temperatura, o distanciamento de seguridade entre as participantes e a redución dos aforos.
Deberanse respectar as normas de funcionamento interno e as instrucións que lle transmita o persoal do centro.
Asemade, ao iniciar a actividade para a que se está inscrita asinarase unha declaración responsable en como nos 14 días previos non se padeceu sintomatoloxía que puidese ser compatible coa COVID-19, así como que non se estivo en contacto con ninguén con dita sintomatoloxía.
Máis
Hora
22 setembro, 2020 19:00(GMT+01:00)
Localización
Biblioteca Juan Compañel
Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes