FEMINICIDIOS por Carme Adán – A Movida

novembro, 2018

24nov18:00FEMINICIDIOS por Carme AdánPRESENTACIÓN LIBRO | De balde18:00 Casa del Libro

Máis

Detalles do evento

Carme Adán presenta o seu novo libro en Vigo.

O sábado 24 de novembro, na véspera do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, Adán estará na Casa do Libro de Vigo para presentar esta nova achega. Será ás 18:00h e estará acompañada pola dramaturga e actriz Marta Pérez e polo director xeral de Galaxia, Francisco Castro. Ademais, haberá unha actuación musical a cargo de Carolina Vázquez, alumna de 2º da ESO de Igualdade de Xénero no IES Politécnico de Vigo, que interpretará unha canción composta e escrita por ela mesma para denunciar a violencia machista.

Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión é o título do novo ensaio de Carme Adán. Un volume que inaugura a colección Feminismos da Editorial Galaxia e onde a autora quixo poñer en palabras a violencia que sofren as mulleres dentro da actual sociedade patriarcal. Unha violencia que, nos últimos tempos, se ten detectado e recoñecido, mais que aínda custa chamar polo seu nome: feminicidio.

Hora

(Sádado) 18:00

Lugar

Casa del Libro

Rúa Velázquez Moreno, 27, 36202 Vigo, Pontevedra

X