decembro, 2019

04dec22:00Felix SlimCONCERTOS | 6,00€22:00 La Pecera

Máis

Detalles do evento

Felix Slim, nacido en Ceuta e afincado en Brooklyn, New York, é un dos maximos expoñentes do Blues en España. Proba diso o exito ao chegar á final do Concurso Internacional de Blues por dous anos consecutivos, 2017 e 2018 (IBC 2017 & 2018) en Memphis, Tennesee e os mais de 300 concertos realizados en Nova York en apenas dous anos.

Autodidacta e especializado en estilos como o blues, ragtime, swing, rebetiko, gospel… desde os anos 1920 aos 60, Slim esta influenciado polos sons Delta, Piedmont, Texas, Chicago, New Orleans … usa slide guitar, fingerpicking e diferentes afinacións para interpretar temas propios e propias versións de clasicos do Blues con ecos de flamenco, rebetiko e jazz manouche en cinco albumes e en mais dunha decena de paises. Todo iso aderezado pola armonica o kazoo e a voz unica de Slim, creando un son distintivo e fresco pero mantendo a esencia do son tradicional. Con estes elementos xunto ao humor e a calor da súa Andalucía natal en interacción co público remata un espectáculo irresistible.
Felix Slim presenta o seu ultimo traballo, “Midtown Blues”, gravado integramente en Nova Orleans en 2014 durante a súa minigira por Estados Unidos, onde xa tivo o privilexio de representar á Sociedade de Blues de Barcelona no Concurso Internacional de Blues

Hora

(Mércores) 22:00

Lugar

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

X