VIALIA
bannerPicnicSesions

Feira do Libro

01xul12:0010(xul 10)20:00Feira do Libro12:00 - 20:00 (10)(GMT+02:00) Príncipe

Detalles do eventos

O xoves 1 de xullo comeza a XLVII edición da Feira do Libro, que terá lugar ata o sábado 10 na céntrica rúa do Príncipe. O evento contará cun total de 13 casetas, dúas delas destinadas para as sinaturas dos numerosos autores e autoras que se darán cita nesta festa da literatura. O pregón correrá a cargo de María Reimóndez.

Co pregón de María Reimóndez o xoves 1 de xullo ás 13:00 deuse inicio á XLVII edición da Feira do Libro que, como nos últimos anos anos, terá lugar na rúa do Príncipe. A Porta do Sol, por mor das obras, non poderá acoller ningunha actividade. As 13 casetas que estarán presentes este ano repartiranse da seguinte maneira: sete librarías, unha editorial, dous do Concello (Biblioteca Neira Vilas e Centro de Documentación e Recursos Feministas), unha da Deputación de Pontevedra e dúas máis para as sinaturas e secretaría.

A falta de coñecer a programación íntegra, o responsable de área de Cultura, Abel Losada, sinalou que “é un programa completo con moitos autores, casetas de sinaturas, actuacións e tentaremos que o número de participantes nas librarías medre ano a ano”. A caseta da Neira Vilas, por exemplo, centrarase na literatura e cine relacionada co mundo do deporte por mor dos Xogos Olímpicos de Tokio.

A continuación a listaxe completa de todos os autores e autoras que asinarán libros entre o 1 e o 10 de xullo:

Rena Ortega asina Bo Camiño, peregrino! (Edicións do Cumio)
María Reimóndez asina Bárbaras e Cobiza (Xerais)
Arantza Portabales asina A vida secreta de Úrsula Bas (Galaxia)
Rompente asina Que hostia din os rumorosos? (Elvira)
Beatriz Busto Miramontes asina Um país a la gallega (Através)
Ledicia Costas asina Os minimortos e A señorita Bubble (Xerais)
Xurxo Martínez e David Rodríguez asinan Guía ilustrada do Vigo rebelde (Xerais)
José Carou Rey (autor) e Laíño (ilustrador) asinan Hemisferio auga (Medulia)
Fran Alonso asina Douche a miña palabra (Xerais)
Santi Domínguez asina Diario dun mestre na pandemia (Galaxia)
María Marco Covelo asina Coidadora (Xerais)
Estefanía Padullés asina Leopoldo, o pequeno monstro (Hércules) e Un mundo para Maruxa (Belagua)
Óscar Senra asina 7 dias com Elisa (Através)
Isabel Fraga “Frabisa” asina Cocinando en casa (Hércules)
Rober L.H. Cagiao asina Cuadernos Azabache (Círculo Rojo)
Paco Nogueira e Marc Taeger asinan Extra! (Kalandraka)
Jamas asina Diario dun pirata confinado (Urutau)
Bea Gregores (ilustradora) asina Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa (Bululú)
Valentín Carrera asina Campechano (Sacaúntos)
Carlos Méixome asina Catas na memoria (Laiovento)
Rexina Vega asina O estadio intermedio (Galaxia)
Victoria García (autora) e Laura Cortés (ilustradora) asinan As formiguiñas filandeiras (Hércules)
Xulia María Barros asina A árbore dos vagalumes (Belagua)
Raquel Miragaia asina Tempo Tardade (Através)
Antonio Tizón asina Os incurábeis (Xerais)
Antonio Giráldez asina 1598: La peste en Vigo (Elvira)
Manel Monteagudo asina De mariño a poeta (Ed. Medulia)
Paula Carballeira asina E continuaremos a contar (Através) e Pan con chocolate (Xerais)
Nieves Concostrina asina Menudas historias de la Historia (Esfera de los Libros)
Álex Alonso asina Granito (Xerais)
Moncho Iglesias asina Cheira (Urutau)
Aser Álvarez asina Anacos do rural (Arraianos)
Amadeo Cobas asina Só nin se ri nin se chora (Elvira)
Suso Bahamonde asina Instrucións para matar un oso (Belagua)
Beto Luaces asina Vicus (Bolanda)
Gabriel Romero de Ávila asina El cazador de tormentas (Los Libros del Salvaje)
Amara Castro asina El tiempo suficiente e Con esto y un bizcocho (Maeva)
Alberto Avendaño asina Pandemia poem(a)s (Létrame) e A tropa contra o virus (Xerais)
Denis Maza asina La mística de un grano de arena (Létrame)
Alberto Cacharrón asina Iter Sancti Iacobi e El Camino de las Estrellas (Teófilo)
Rocío Viéitez Ferro (tradutora) asina Mociñas, de Louisa May Scott (Laiovento)
Alberto Cunha asina Escolma aberta (Elvira)
Laura de Cáceres asina Despois da erosión (Urutau)
María Lado asina Gramo Sthendal (Apiario)
Teresa Ríos Noia asina Non estamos preparados para medrar (Urutau)
Cándido Duro asina Luz do abrente outonizo (Medulia)
Silvia Penas asina O resto é céu (Urutau)
Andreia Costas asina Corazón de vaca e outras vísceras (Urutau)
Xabier Paz asina A Barcelonesa (Xerais)
Xóan Antón Perez Lema asina Quando grupos vulneráveis são feridos (Através)
Blanca Paula Rodríguez Garabatos asina Emilia Pardo Bazán y la moda (Hércules)
Beatriz Cabaleiro asina Clover (Aira)
Luz Darriba asina Abril (Belagua)
Manuel Veiga Taboada asina A parte queimada. Stalin & Robespierre (Aira) e As mellores tendas de Madrid
(Xerais)
Pedro Feijoo asina Un lume azul (Xerais)
María Oruña asina O que a marea esconde (Aira)
Reka Refojos asina Melide (Elvira)
Luisa López Gutiérrez asina Mi bebé estrella (Hércules)
David Lorenzo asina A predicción de Aloia (Ed. do Cumio) e O neno peixe (Triqueta)
Antonio García Teijeiro asina As palabras están a mirarse arredor da mesa (Cuarto de Inverno)
Jesús Bastante asina Santiago en el fin del mundo (La Esfera de los Libros)
Santiago Lopo asina A carteira (Xerais)
Ismael Ramos asina Lixeiro (Xerais)

Máis

Hora

1 (Xoves) 12:00 - 10 (Sábado) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Príncipe

Rúa do Príncipe 36202 Vigo Pontevedra

Other Events