Detalles do eventos
Entre o 18 de xullo e o 3 de agosto, celébrase a Feira do Libro Antigo e de Ocasión na Praza de Compostela. Durante máis
Detalles do eventos
Entre o 18 de xullo e o 3 de agosto, celébrase a Feira do Libro Antigo e de Ocasión na Praza de Compostela. Durante máis de dúas semanas, trece librarías procedentes de diferentes puntos do Estado ocuparán noventa e un metros de exposición e venda, ofrecendo unha coidada selección de volumes antigos, raros, curiosos, descatalogados ou difíciles de atopar. Unha oportunidade única para facerse con auténticas xoias (como revistas históricas e publicacións de coleccionistas) a prezos accesibles.
Nesta edición, destaca a participación de librarías procedentes maioritariamente de fóra de Galicia. O listaxe completo, é o seguinte:
- Fiandón (A Coruña)
- Librería Al Tossal (Valencia)
- Itziar Arranz & Dribas Libros (Madrid)
- A Tobeira (A Coruña)
- Quique Libros (Valencia)
- Las Mil y Una… Libros (Alicante)
- Librería Cajón Desastre (León)
- Librería Shora (Alicante)
- A Gata Tola (A Coruña)
- Lorca Libros (Madrid)
- Maxtor (Valladolid)
- Madrid Books (Madrid)
- Arcadia (A Coruña)
HORARIO
- De mañá: 10:30 – 14:00 h
- De tarde: 17:00 – 21:30 h
Hora
18 xullo, 2025 10:30 - 3 agosto, 2025 21:30(GMT+02:00)
Localización
Praza Compostela
Praza de Compostela 36201 Vigo Pontevedra


