>

01xul11:0007(xul 7)21:00Feira do Libro 2026FESTIVAIS E FEIRAS | De BALDE11:00 - 21:00 (7)(GMT+02:00) Praza Compostela

Detalles do eventos

A Praza de Compostela convértese un ano máis no epicentro cultural do verán galego co regreso da Feira do Libro. Organizada pola Federación de Librarías de Galicia, esta edición contará coa participación de vinte librarías e máis de 200 autores e autoras. O escritor vigués Manuel Esteban, gañador do Premio Xerais, será o encargado de ler o pregón inaugural nunha semana chea de presentacións, sinaturas, obradoiros infantís, recitais poéticos e espectáculos familiares. O horario habitual será de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h.

Mércores 1 de xullo

  • 12:00 h: Inauguración oficial e pregón a cargo do escritor vigués Manuel Esteban.
  • Obradoiro infantil Isto non é un lobo con Marc Taeger.
  • Presentación do libro A muller de mentira (Premio García Barros 2026) con Iria Collazo.
  • Recital poético a dúas voces con María Lado e Corina Oproae.
  • Actividade téxtil A cor da corda con Estudo Cotobelo Tecedoras e Branca Trigo.
  • Presentación poética de Marcos de la Fuente.
  • Sinaturas nas casetas: Alba Regueiro, Rodrigo Carretero, Stella Maris González Balbuena, Mav Alonso, Pablo Carreiro, Bea Gregores, Lidia Pérez, Sandra Parente, Eduardo Baamonde, Alicia Savaxe, Nuria Díaz, María Nieto, Francesca da Silva, Pablo Vila, Carlos Amado, Samuel Ferro, Manuel Esteban e Francisco Castro.

Xoves 2 de xullo

  • Espectáculo de música infantil con Paco Nogueiras.
  • Actividade familiar O xogo do Vigo pequeno con Ramón D. Veiga.
  • Conversa sobre familias e vulnerabilidade con Victoria Pinal e Miguel Calvo.
  • Presentación da novela Otra cosa de Danele Sarriugarte, canda María Reimóndez.
  • Lectura dramatizada de O proceso / Apaga o cándil con Cándido Pazó, Avelino González e Marcos Orsi.
  • Sinaturas nas casetas: Juan Abalde, Pluma de Tojo, Zara Mist, Alexia Dotras, María Xosé Porteiro, Nubia Almandos, Reka Refojos, Samuel Ferro, Marta Villar, Alba Tomé, Luisa Abad, Ramón D. Veiga, Jorge Lamas Dono, Lucía Mojón, Artemis López, Carla Míguez, Victoria Pinal, Antonio Tizón, Nerea Cabaleiro, Loli Rodríguez, Ramón Trigo, Cati Calo, Manuel Bragado e Ana Vieitez.

Venres 3 de xullo

  • Espectáculo familiar Contiario de Pablísimo.
  • Presentación do libro Contubernio Picacho de Xaime Fandiño.
  • Presentación da nova novela de María Oruña.
  • Presentación de Bruxas e Dragóns: Babá Iaga con Ledicia Costas e Luismi Pérez.
  • Sinaturas nas casetas: Ana Vila González, Silvia de Pablos, Raquel Rodríguez Muñiz, Amara Castro, Sofía Brotóns, Jesús Vasconcellos Soliño, Valeria Mederer, Andrés Castro, Alexandre Senande, Clara Pino, María Solar, Alexandre Escribá, David Braña, Ángela Curro, Antón Reixa, Estela Gómez, Arantza Portabales, Alicia Jaraba, Xurxo Estévez, María Gil Molinos e Alberto Avendaño.

Sábado 4 de xullo

  • Contacontos participativo Historias que caben nunha maleta.
  • Mesa redonda sobre novela negra con Ana Vieitez, Óscar Guzmán e Xaquín Núñez Sabarís.
  • Conversa literaria entre Ana Lena Rivera e Laura Portas.
  • Encontro coa autora Cecilia F. Santomé arredor da súa novela gañadora do Premio Blanco Amor.
  • Sinaturas nas casetas: Francisco Narla, Pedro Feijoo, Xulio Gutiérrez, Gabriela González “Malaherba”, Teresa Novoa, Pluma de Tojo, Val Eudoxia, María Rod e máis autores.

Domingo 5 de xullo

  • Espectáculo teatral familiar a cargo da compañía Pedras de Cartón.
  • Encontro literario entre Lucía Solla e Guada Guerra.
  • Presentación do libro O país invisible de Arturo Lezcano.
  • Recital poético con Mónica Caldeiro, Luis Valle, Ramón Romero e Samuel Merino.
  • Sinaturas nas casetas: Óscar Reboiras, Andrea Nunes Brións, Leticia Citoula, Xulia Alonso, Julia Varela, Ulises Bértolo, Oriana Méndez, María Reimóndez, Rober Cagiao e Carmen Blanco Sanjurjo.

Luns 6 de xullo

  • Obradoiro de banda deseñada A debuxar con Marcopola.
  • Presentación da tradución ao galego de Medea e Fedra de Séneca.
  • Diálogo interxeracional con Fran Alonso e Valeria G. Caneda.
  • Presentación da obra Os fabuladores de José Ignacio Carnero.
  • Conversa arredor da traxectoria e obra de Antonio García Teijeiro.
  • Sinaturas nas casetas: Rodrigo Costoya, Santiago Díaz, Ismael Ramos, María Lado, Fran Alonso, Valeria G. Caneda, Miguel Calvo, Antonio García Teijeiro e Jacobo Fernández.

Martes 7 de xullo

  • Espectáculo familiar de contos con Cris de Caldas.
  • Nova edición de Conversas Follas Novas entre Érica Esmorís e Rosa Aneiros.
  • Presentación do libro A linguaxe extranxeira de Brais Lamela.
  • Sesión de poesía con formato de micro aberto, coordinada por Branca Trigo.
  • Sinaturas nas casetas: Beto Luaces, Rosiña Carpintero, Sonia Mirón, Rena Ortega, Rosa Aneiros, Clara do Roxo, Sahira Rose, Diego Bará, María Couso e as autoras do libro Señoras en bicicleta.

PROGRAMA COMPLETO NESTA LIGAZÓN.

Hora

1 xullo, 2026 11:00 - 7 xullo, 2026 21:00(GMT+02:00)

Localización

Praza Compostela

Praza de Compostela 36201 Vigo Pontevedra

Other Events