Este é un evento repetitivo

Feira do bebé

09out18:30Feira do bebéACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:30(GMT+02:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

O Corte Inglés en Vigo acolle o 9 e 10 de outubro un ciclo de charlas gratuítas que axudarán a mamás e papás na chegada do seu bebé.

A primeira das charlas estará centrada na “ALIMENTACIÓN NA PRIMEIRA INFANCIA (0-3)”. A dietista e nutricionista de Progresa Centro Integral de Saúde, Marta Losada, ensinará este luns 9 de outubro como debe ser a introdución de alimentos e a importancia dunha alimentación variada e equilibrada.

“APRENDENDO A XOGAR XUNTOS” será a charla programada para o martes 10 de outubro, que impartirá Mª. Carmen Rodríguez de Dios, logopeda e coordinadora técnica do Centro Lingoreta. Explicaranos o valor do xogo en familia e a súa importancia no desenvolvemento do neno.

As charlas terán lugar no restaurante (planta 7ª), ás 18.30 h. As prazas son limitadas polo que aquelas persoas interesadas poden inscribirse no departamento de bebés do Corte Inglés ou mandando un correo a: eventosvigo@elcorteingles.es

Ademais deste ciclo ata o 15 de outubro os centros do Corte Inglés celebran a Feira do Bebé con bonificacións e promocións nunha selección de marcas de carrocería, puericultura, téxtil fogar e moda premamá.

Máis

Hora

(Luns) 18:30(GMT+02:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events