CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Este é un evento repetitivo

Feira de Abril: Camelias ten unha cor especial 

29abr09:00Feira de Abril: Camelias ten unha cor especial FESTIVAIS E FEIRAS | De balde09:00(GMT+02:00) Centro Comercial Camelias

Detalles do eventos

Presentámosvos un evento de irmandamento entre a CCAA de Andalucía e a nosa querida cidade de Vigo, que se celebrará os días 28 e 29 de abril en colaboración coa Casa de Andalucía de Vigo.

Teremos a presenza de tres grupos de baile de Alma Flamenca Vigo, Que poderío! e o grupo infantil Taconeando da Casa de Andalucía.

Durante o intermedio, o profesor da Escola da Casa de Andalucía, Alex Moure, impartirá unha MasterClass de como bailar “A Sevillana”. Aprenderás os pasos famosos deste baile típico!

Seguido, gozaremos do concerto de “Toni e o Primo”, unha festa asegurada! 

Sortearase unha caixa de flores de xabón da tenda Johab e un abanico da tenda Ellas complementos.

O sábado de 18:00 a 20:00, Alicia Gil Martinez e El armario de Lafi pintarán gratis os beizos de cor vermella e poñerán unha rosa no pelo de forma gratuíta 

O parking Aparcat dará un 25% de desconto a todos os asistentes!

Non te perdas este evento de irmandamento e alegría! 

Máis

Hora

29 abril, 2023 09:00(GMT+02:00)

Localización

Centro Comercial Camelias

Praza de América, 1, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events