Fei: el regreso – A Movida

outubro, 2018

26out22:00Fei: el regresoCONCERTO | Desde 6,00€22:00 La Iguana Club

Máis

Detalles do evento

En palabras do propio Fei: “Despois de varios meses de retiro espiritual nos outeiros de Twin Peaks, despois de ser prisioneiro da ” logia negra” durante todo o ano sendo substituído nesta realidade por un doppelganger Dj, despois de de sucumbir ante os turbios encantos do espírito de Laura Palmer e as súas estrañas afeccións… acabeime dando conta de que esta non era moi boa compañía (sempre metida en asuntos raros, está un pouco tola, creo), así que me fixen as maletas e volvinme a casa para subirme a un escenario na nova Iguana Club.
Un local moi bonito. En Vigo temos os mellores locais do mundo.

Chamei aos meus esbirros de sempre e, aínda que ensaiar non ensaiaremos moito, insteilles a que vaian depilándose as súas zonas íntimas para estar ben preparaditos, tanto para min como para vós. Que con moito pelo non se toca ben. Estorba. Manu é o único que está xa ben afeitadito e cheirando ben, que estivo a tocar nunha orquestra. Pero Adolfo… Con Stoned at Pompeii eu creo que lle creceu máis aínda o belo. O belo e os músculos. Está moi turgente. Fabián, ti es o único decente… Eu estábame deixando crecer os pelos do peito e das mamilas, en pos de buscar un novo alento de virilidade para a miña nova imaxe de persoa normal. Pero non sei, non me termino de ver. Xa se iso cando sexa maior e vaia a facer un unplugged seriote e intensito. De momento aínda queda un pouco de purpurina no meu estoxo.

Así que quero contar con todos vós para pasar unha noite memorable, como tantas veces fixemos, e con iso convidarvos a celebrar a miña cumpre con este pedazo de show que realizaremos o vindeiro venres 26 DE OUTUBRO Ás 22:00 h.
E pronto, moitas máis noticias e proxectos!”

* Unha parte dos beneficios serán doados a ALDEAS INFANTÍS

(Anticipada 6€ / Taquilla 8€).

Hora

(Venres) 22:00

Lugar

La Iguana Club

Calle Churruca, 14, 36201 Vigo, Pontevedra, España

X