
FARYNA SATORRE + Uxía
20out22:00FARYNA SATORRE + UxíaCONCERTOS | De balde22:00 Sala Rebullón
Detalles do eventos
Músicos de recoñecida traxectoria no ámbito da música arxentina, o dúo Faryna-Satorre sae ás pistas no ano 2017 cunha proposta milonguera con arranxos propios, buscando
Detalles do eventos
Músicos de recoñecida traxectoria no ámbito da música arxentina, o dúo Faryna-Satorre sae ás pistas no ano 2017 cunha proposta milonguera con arranxos propios, buscando adaptar ao formato de dúo sonoridades e articulacións características das orquestras dos anos 40’ e 50’. A particularidade do dúo Faryna-Satorre ten que ver coa oralidade dos seus arranxos. Ensáiase e tócase sen papel, o que da lugar á improvisación, logrando así un son fresco e constantemente renovado.
Cunha gran aceptación do público milonguero, desde o seu inicio o dúo presentouse nos espazos máis importantes da escena tanguera de Bos Aires. En agosto de 2019 realizou unha xira a Francia, presentándose en París, Lyon e Tarbes. En outubro de 2021 lanza o seu primeiro material en formato dixital “A la pista!”, adxunto neste dosier, o cal encóntrase dispoñíbel en todas as plataformas. Durante 2022 realizou xiras por Europa, presentándose en Francia, Alemaña, España, Suíza, Italia e Austria.
Máis

Hora
(Venres) 22:00
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
Séguenos nas redes