Detalles do eventos
Estréase Faro, unha curtametraxe experimental de suspense de 30 minutos pensada para ser proxectada únicamente con banda sonora interpretada ao vivo. A proxección terá lugar Río Lagares o
Detalles do eventos
Estréase Faro, unha curtametraxe experimental de suspense de 30 minutos pensada para ser proxectada únicamente con banda sonora interpretada ao vivo. A proxección terá lugar Río Lagares o sábado 2 de maio ás 20h. As entradas teñen un prezo de 6,00 €. Ao depender da interpretación musical en directo, Faro está concibida para ofrecer unha experiencia diferente en cada pase.
A peza aposta por un formato sinxelo e directo, tanto na súa narración como na posta en escena. Un dos seus elementos máis destacados é o traballo sonoro, que combina contrabaixo, sintetizadores e theremin, un instrumento pouco habitual e de difícil interpretación. A historia segue a dous compañeiros de traballo que ven alterada a súa rutina por unha sensación inesperada, o que os leva a cuestionarse o lugar no que están e o sentido do que fan.
O proxecto está dirixido por Paulo Pascual, quen tamén asina o guión, a montaxe e outros apartados técnicos. A fotografía e o son son de Willy Prada, e a música é obra de Pablo Muñiz e do propio Pascual. No reparto participan Suso Cortegoso e Carlos Godoy.
Sinopse:
A rutina entre dous peculiares compañeiros dun estrano traballo rómpese cando, de súpeto, teñen unha inesperada sensación que os fai preguntarse onde están, o motivo, e buscar respostas en todos os elementos do seu contorno e ata en si mesmos.
Equipo técnico e artístico:
Actores:
Suso Cortegoso, Carlos Godoy
Dirección de fotografía:
Willy Prada
Vestiario:
Carlos Godoy
Dirección, guión e montaxe:
Paulo Pascual
Posproducción de vídeo:
Guille Rodal
Banda sonora ao vivo:
Pablo Muñiz, Paulo Pascual
Hora
2 maio, 2026 20:00(GMT+02:00)
Localización
Galería RíoLagares
67PC+2F Vigo


