xullo, 2019

24xul23:00FangoriaCONCERTOS | Desde 6,00 €23:00 Parque Castrelos

Máis

Detalles do evento

Fangoria é unha banda de música electrónica orixinaria de Madrid (España), formada en 1989 por Alaska (voz e ocasionalmente guitarra) e Nacho Canut (teclado).​ O son inicial de Fangoria tiña as súas raíces no acid house, pero posteriormente irán incorporando aos seus música elementos doutros xéneros como o pop ou o rock.

A primeira aparición pública de Fangoria foi nunha festa de Halloween en outubro de 1989, cando os seus dous membros xa abandonaran o seu proxecto anterior Alaska e Dinarama. Asinaron con Hispavox e a principios de 1991 publicaron o seu álbum debut, Salto mortal.

O 15 de febreiro de 2019 publicouse o álbum número 13 de Fangoria, que leva por título Extrapolaciones y dos preguntas, conmemorando os 30 anos do grupo sobre os escenarios. Da portada encargouse Juan Gatti unha vez máis. O 11 de xaneiro de 2019 publicouse o primeiro single extraído do álbum, ¿De qué me culpas?. A canción saíu á venda como un single dixital que contiña dúas versións da canción, a primeira delas interpretada enteiramente por Fangoria e unha segunda versión na que colaboran os artistas Ms. Nina e King Jedet. Acompañando á nova canción, tamén se estreou na canle oficial de Fangoria en Youtube o seu correspondente videoclip, dirixido por Juan Gatti (quen xa dirixira ao grupo no seu videoclip para a canción Absolutamente con Sara Montiel). O novo videoclip conta cunha temática escura e está rodado completamente en branco e negro, contrastando cos anteriores traballos videográficos de Fangoria.  Posteriormente, o 1 de febreiro de 2019, publicouse como single dixital Historias de amor, a canción que abre o disco, un tema orixinal do dúo español OBK versionado por Fangoria. Ademais estreouse un Lyric vídeo acompañando á canción na canle oficial do grupo en Youtube. O disco está composto por un total de 15 temas dos cales 13 son versións de artistas españois cantadas en español editadas entre os anos 1989 e 2000, e os outros dous restantes son temas orixinais do grupo. Entre as versións atópanse temas de Carlos Berlanga, Family, Los Planetas, Minerva, Killer Barbies ou Los Sencillos, entre outros. Este álbum conta coas producións de Juan Sueiro, Jon Klein e Guille Milkyway. Para presentar o álbum, Fangoria ofreceu dous concertos únicos en Madrid e Barcelona cun repertorio especial que non se repetiría na posterior xira estival.

17 xullo Lauryn Hill
19 xullo Leiva
23 xullo Tom Jones
24 xullo Fangoria
26 xullo Rick Astley
– 27 xullo Coral Casablanca
29 xullo Roger Hodgson
1 agosto Thirty Seconds to Mars
2 agosto Vetusta Morla + Xoel López + Furious Monkey House
8 agosto David Bisbal

Nesta ligazón artigo e gráfica con todos os concertos do Vigo en Festas 2019 en Castrelos.

Hora

(Mércores) 23:00

Lugar

Parque Castrelos

Av. de Castrelos, s/n, 36210 Vigo, Pontevedra

X