01mai21:30Familia Caamagnoconcertos | 12,60 €21:30(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate
Detalles do eventos
Familia Caamagno é unha banda ben coñecida no noso panorama musical que e veñen de publicar o seu terceiro LP,‘Disco Comarcal’, un traballo producido por Raúl Pérez, do
Detalles do eventos
Familia Caamagno é unha banda ben coñecida no noso panorama musical que e veñen de publicar o seu terceiro LP,‘Disco Comarcal’, un traballo producido por Raúl Pérez, do recoñecido estudio granadino La Mina, que demostra a solidez compositiva e a versatilidade estilística da formación cando cumpre 15 anos sobre os escenarios.
Disco Comarcal é un álbum ateigado de rock e power pop no que se suceden as melodías luminosas e as guitarras afiadas; ademais da profundidade emocional e as letras retranqueiras e incisivas que os Caamagno acostuman a presentar. Alén da súa recoñecida capacidade para sacralizar o baile e a diversión, e que transforma cada directo nunha intensa comuñón co público, os de Sigüeiro confirman con este ‘Disco Comarcal’ a súa volubilidade para achegarse a estilos como o R&B ou mesmo a música disco.
Hora
1 maio, 2026 21:30(GMT+02:00)


