Este é un evento repetitivo7 xaneiro, 2022 20:009 xaneiro, 2022 20:00
FALAR X FALAR
08xan20:00FALAR X FALARESPECTÁCULOS | Desde 10,00€20:00(GMT+01:00) Sala Ártika
Detalles do eventos
Todo indica que o futuro da lingua galega é incerto. Malia os niveis de protección legal do idioma, e case dous séculos de rexurdimento civil e literario, o
Detalles do eventos
Todo indica que o futuro da lingua galega é incerto. Malia os niveis de protección legal do idioma, e case dous séculos de rexurdimento civil e literario, o descenso de falantes é evidente, con grande incidencia nas novas xeracións de galegas e galegos. Pero alén e aquén das análises socio-lingüísticas, a lingua segue viva e reclama o seu lugar natural nas nosas vidas. Atravesada por conflitos de longa data e certamente mareada polos avatares da política, a lingua espera sempre por nós nalgún punto do camiño. Moita xente mamouna no berce, outra demorou en romper a falala, e hai quen nunca a falou nin nunca a falará. Por iso “Falar por Falar” proponnos un achegamento á realidade da lingua, desde a propia vivencia dos falantes e os non falantes.
Hora:
Venres 07 de xaneiro de 2022 ás 20:00h
Sábado 08 de xaneiro de 2022 ás 20:00h
Domingo 09 de xaneiro de 2022 ás 20:00h
Prezo:
En taquilla: Entrada Xeral: 14€
Venta online: Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión
Idades recomendada: +12
Duración: 65 minutos.
Máis
Hora
8 xaneiro, 2022 20:00(GMT+02:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes