REVISTA ABRIL

Este é un evento repetitivo

FALAR X FALAR

08xan20:00FALAR X FALARESPECTÁCULOS | Desde 10,00€20:00(GMT+01:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

Todo indica que o futuro da lingua galega é incerto. Malia os niveis de protección legal do idioma, e case dous séculos  de rexurdimento civil e literario, o descenso de falantes é evidente, con grande incidencia nas novas xeracións de galegas e galegos. Pero alén e aquén das análises socio-lingüísticas, a lingua segue viva e reclama o seu lugar natural nas nosas vidas. Atravesada por conflitos de longa data e certamente mareada polos avatares da política, a lingua espera sempre por nós nalgún punto do camiño. Moita xente mamouna no berce, outra demorou en romper a falala, e hai quen nunca a falou nin nunca a falará. Por iso “Falar por Falar” proponnos un achegamento á realidade da lingua, desde a propia vivencia dos falantes e os non falantes. 

Hora
Venres 07 de xaneiro de 2022 ás 20:00h
Sábado 08 de xaneiro de 2022 ás 20:00h
Domingo 09 de xaneiro de 2022 ás 20:00h

Prezo
En taquilla: Entrada Xeral: 14€ 
Venta online: Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión

Idades recomendada: +12

Duración: 65 minutos.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events