Faladoiro virtual 'Mulleres no pazo e museo Quiñones de León'
Detalles do eventos
A historiadora da arte Beatriz Liz de Cea dá a coñecer a mulleres moi relacionadas coa historia do Pazo de Castrelos; Joaquina Montenegro y Ponte, Marianne de Whyte,
Detalles do eventos
A historiadora da arte Beatriz Liz de Cea dá a coñecer a mulleres moi relacionadas coa historia do Pazo de Castrelos; Joaquina Montenegro y Ponte, Marianne de Whyte, ou Irene de Ceballos, (muller fundamental para o legado artístico que se incorporou ás coleccións municipais), foron relegadas nun segundo plano da historia, e inclusive, desdeñadas no relato historiográfico.
Xa como museo, o Quiñones de León, foi incorporando ás súas coleccións obras de arte “en feminino”, mulleres artistas que, lentamente, ocuparon con mérito e moito esforzo o espazo museístico. Xulia Minguillón, Maria do Carmo Corredoyra, Maria Antonia Dans, Maria Victoria de La Fuente, Mercedes Ruibal, Elena Colmeiro, Menchu Lamas …
Un percorrido xeral por estas artistas e como visibilizaron o seu traballo plástico, permitirá unha visión global do papel das artistas nas coleccións municipais e a súa visión da arte.
Plataforma Google Meet
Código para unirse: sne-dksb-mmk
Máis
Hora
17 novembro, 2021 19:00(GMT+02:00)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes