CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Faladoiro: "Unha tribu para coidar ás infancias e adolescencias tuteladas"

21nov20:00Faladoiro: "Unha tribu para coidar ás infancias e adolescencias tuteladas"ACTIVIDADES PARA O COCO | -20:00(GMT+01:00) A Morada

Detalles do eventos

Desde Radio Manoplas organizamos un faladoiro baixo o título: “Unha tribu para coidar ás infancias e adolescencias tuteladas”. Será o xoves 21 de novembro a partir das 20h00 no local da cooperativa A Morada (rúa Enrique X. Macías, 6 – Vigo).

Neste evento probamos cun novo formato, deixamos de lado as entrevistas individuais para dar paso a unha conversa -con público- entre tres persoas que coñecen ben o sistema de protección á infancia e á adolescencia:

    – André Rocha Do Nacimento: viviu desde neno en diferentes casas de familia xunto aos seus irmáns. Sabe o que é medrar condicionado/apoiado polas decisións do servizo de menores, de profesionais, de entidades sociais… Na actualidade traballa nunha imprenta.

    – Eva Gil Rodríguez: educadora social e integrante de ASEIA. Traballou en casas de familia e na actualidade faino nun centro de menores para adolescentes. Xunto as compañeiras de ASEIA fórmase, reflexiona e conversa sobre as vidas das infancias e adolescencias.

    – Sergio Puga Amoedo: coordinador do Programa “En familia” de acollemento familiar para crianzas a adolescentes que viven en centros de protección. Viviu nunha casa de familia durante varios anos e ten ampla experiencia no social.

Alén de coñecer como funciona o sistema de protección, como é a vida nos centros, en que consiste o acollemento familiar… buscaremos como ampliar o papel da comunidade na atención e coidado das vidas destas crianzas e adolescentes. Para nós, é fundamental coñecer e comprender estas vidas, achegándonos a elas desde perspectivas diversas e complementarias ás dos profesionais que interveñen neste ámbito.

As compañeiras de A Morada colaboran acolléndonos no seu local, alí gravaremos o diálogo que logo subiremos ás plataformas de audio habituais onde están os falangullos de Radio Manoplas.

+info: http://alicerces.arkipelagos.net/2111-faladoiro-unha-tribu-para-coidar-%C3%A1s-infancias-e-adolescencias-tuteladas

Máis

Hora

21 novembro, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events