Detalles do eventos
O novo mundo derrúbase ante os nosos ollos e ninguén parece disposto a asumir responsabilidades. Mentres tanto, o cómico uruguaio Facu Díaz decidiu volver ao
Detalles do eventos
O novo mundo derrúbase ante os nosos ollos e ninguén parece disposto a asumir responsabilidades. Mentres tanto, o cómico uruguaio Facu Díaz decidiu volver ao stand up para entreter aos seres humanos mentres todo arde ao seu redor co espectáculo Esto no es culpa de nadie. Unha especie de violinista do Titanic que, micrófono en man, analiza de maneira escandalosamente sesgada o que sucede no planeta. O que está pasando é culpa de todos e, ao mesmo tempo, culpa de ninguén; ou esa é a confusa teoría que o comediante uruguaio pretende desenvolver neste novo texto, cheo de autorreferencias, proclamas políticas propias do século pasado e chistes vilmente usurpados ao seu compañeiro murciano.
Entradas desde 19,80 € en Ataquilla
A Movida sortea dúas entradas entre os seus subscritores para o espectáculo de Facu Díaz. Se queres participar nesta e moitas outras promocións, podes unirte aquí ao Club dos Amovidalovers.
Hora
21 marzo, 2026 20:30(GMT+01:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra



