FAITE AMOVIDALOVER

13set20:30FACU DÍAZ E MIGUEL MALDONADO: 'QUIETO TODO EL MUNDO'ESPECTÁCULOS | Desde 17,80 €20:30(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

O Teatro Afundación acolle Quieto todo el mundo, un espectáculo cómico de Facu Díaz e Miguel Maldonado.

Quieto todo el mundo é o último proxecto de Facu Díaz e Miguel Maldonado. As noticias mandan e eles proceden a esnaquizalas neste show semanal dirixido ao seu consumo en plataformas dixitais, pero que xa se converteu nun show digno de presenciar en directo. Tras dez anos de carreira xuntos, puxéronse en mans dunha impresora, da cal aparecen (ou non) informacións actuais (ou non) que son analizadas improvisadamente desde o máis mínimo rigor, o absoluto descoñecemento e a procura constante da risotada. Con case cen edicións ás costas, Quieto todo el mundo sae a rodar polo país por primeira vez con ánimo de informar e entreter, pero, sobre todo, con ánimo de lucro.

ENTRADAS AQUÍ.

Hora

13 setembro, 2025 20:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events