VIALIA
bannerPicnicSesions

'Expresiomixta' de Raúl Veloso + actuación

12xan19:00'Expresiomixta' de Raúl Veloso + actuaciónARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+01:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

A Sala Rosalía da sede da Deputación en Vigo tinguirase de cor e reivindicación feminista coa mostra pictórica “Expresiomixta”, que o artista Raúl Velloso amosará neste espazo a partir do día 12 de xaneiro e ata o 27 de febreiro. A inauguración desta exposición, a primeira deste novo ano 2022, terá lugar o mércores 12 ás 19 h, e contará coa actuación en vivo do dúo de percusión formado por Noelia Leite e Marcela Porto. A mostra reúne unha trintena de obras coas que o artista Raúl Velloso, (Cangas, 1965), quere reivindicar o papel da muller galega, alén da muller no mundo, e ao mesmo tempo involucrarse máis “na loita que os homes debemos levar a cabo ao seu carón, para mentalizar á sociedade de que un mundo en igualdade será un mundo máis xusto para todas e todos”. Este creador representa á muller lonxe dos estereotipos na historia da arte nos que se obxectualiza, enxalzando o seu físico e relegándoa a roles particulares secundarios. Fronte a esa imaxe, Velloso reflicte á muller “forte, poderosa, intelixente, resolutiva e igual de capaz, nin menos nin máis que ningún home”, e inspírase na muller galega, “esa muller do mar e do campo que sacou adiante á familia sen ver recoñecido o seu labor profesional e o seu papel esencial da unidade familiar”. De formación autodidacta, o artista descubriu a súa vocación nos anos 90 cando residía en Barcelona e foi descuberto por Antoni Tàpies, que durante anos lle ensinou na súa propia casa as técnicas de pigmentos, texturas e da cor que Velloso ten convertido no seu estilo característico. Na súa obra, o artista semella contemplar a realidade como a través dun espello deformador, que expande os volumes, ondula as liñas e caricaturiza a realidade. Ten exposto nas feiras de arte máis prestixiosas do mundo, como a Art Basel Miami, Art Basel Switzerland ou Arco en Madrid, amais de en prestixiosas galerías de Barcelona, Madrid, Chicago, Kyoto, Berlín, Xénova ou Londres, alén de Galicia.

Máis

Hora

(Mércores) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events