VIALIA
bannerPicnicSesions

'Expresiomixta' de Raúl Velloso

12xan(xan 12)09:0027feb(feb 27)14:00'Expresiomixta' de Raúl VellosoARTE E MUSEOS | De balde(xaneiro 12) 09:00 - (febreiro 27) 14:00(GMT+01:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

A Sala Rosalía da sede da Deputación en Vigo tinguirase de cor e reivindicación feminista coa mostra pictórica “Expresiomixta”, que o artista Raúl Velloso amosará neste espazo a partir do día 12 de xaneiro e ata o 27 de febreiro. A inauguración desta exposición, a primeira deste novo ano 2022, terá lugar o mércores 12 ás 19 h, e contará coa actuación en vivo do dúo de percusión formado por Noelia Leite e Marcela Porto. A mostra reúne unha trintena de obras coas que o artista Raúl Velloso, (Cangas, 1965), quere reivindicar o papel da muller galega, alén da muller no mundo, e ao mesmo tempo involucrarse máis “na loita que os homes debemos levar a cabo ao seu carón, para mentalizar á sociedade de que un mundo en igualdade será un mundo máis xusto para todas e todos”. Este creador representa á muller lonxe dos estereotipos na historia da arte nos que se obxectualiza, enxalzando o seu físico e relegándoa a roles particulares secundarios. Fronte a esa imaxe, Velloso reflicte á muller “forte, poderosa, intelixente, resolutiva e igual de capaz, nin menos nin máis que ningún home”, e inspírase na muller galega, “esa muller do mar e do campo que sacou adiante á familia sen ver recoñecido o seu labor profesional e o seu papel esencial da unidade familiar”. De formación autodidacta, o artista descubriu a súa vocación nos anos 90 cando residía en Barcelona e foi descuberto por Antoni Tàpies, que durante anos lle ensinou na súa propia casa as técnicas de pigmentos, texturas e da cor que Velloso ten convertido no seu estilo característico. Na súa obra, o artista semella contemplar a realidade como a través dun espello deformador, que expande os volumes, ondula as liñas e caricaturiza a realidade. Ten exposto nas feiras de arte máis prestixiosas do mundo, como a Art Basel Miami, Art Basel Switzerland ou Arco en Madrid, amais de en prestixiosas galerías de Barcelona, Madrid, Chicago, Kyoto, Berlín, Xénova ou Londres, alén de Galicia.

Inauguración: mércores 12 de xaneiro ás 19:00

Horario: De 9:00 a 14:00

Máis

Hora

Xaneiro 12 (Mércores) 09:00 - Febreiro 27 (Domingo) 14:00(GMT+01:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events