REVISTA ABRIL

EXPRESARTE: JAM DE HIP HOP

30out12:00EXPRESARTE: JAM DE HIP HOPESPECTÁCULOS | De balde12:00(GMT+02:00) CC Vialia

Detalles do eventos

O 29, 30 e 31 de outubro terán lugar no CC Vialia varias actividades de ‘Expresarte’.

O venres 29, de 19:00 a 21:00, terá lugar unha jam coa cantante High Paw e o DJ Mustafá.
Ela é unha guerreira que colleu o micrófono en 2005 e nunca o volveu a soltar. Entre parques e escenarios busca compartir o amor pola música e a diversión de crear no momento. Traballa colectivamente con Elephants Yard traballando principalmente sons jamaicanos, pero sempre está sedienta de novos ritmos para montar. Unha audiencia motivada é a maior inspiración para ela.
El naceu en Vigo , España. Actualmente vive en Lisboa, membro de Faneca Attack e Floorplayers, empezou a conectar co disco e o funk, levando os seus ritmos por eventos de Portugal e Galicia.

O sábado 30 teñen preparadas dúas batallas que comezarán a partir das 12:00. As battles serán en dúas modalidades:

  • TOPSTYLES 2vs2: Haberá 1 hora de cyphers onde os xuíces elixirán ás 16 mellores parellas. Ao comezo da battle os bailaríns decidirán que música queren defender. Os seleccionados bailarán dúas roldas, unha coa súa música e outra coa música do seu adversario.
  • BREAKING 1vs1: Haberá unha hora de cyphers onde os xuíces elixirán aos 16 mellores. Os 8 con maior puntuación elixirán contra quen batallan dos 8 con menor puntuación. As persoas retadas elixirán o número de roldas na battle.

Os premios da battle son:

  • 2vs2: 250€
  • 1vs1 :125€
  • MVP cypher: 75€

O domingo 31haberá varios workshops de hip hop. Aínda por confirmar a programación.

A inscrición para participar na jam do venres ou na battle do sábado debe facerse a través deste enlace ata o martes 26 de outubro.

Máis

Hora

(Sábado) 12:00(GMT+02:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events