VIALIA
bannerPicnicSesions

Expostas propón música e pintura en directo

30mar19:30Expostas propón música e pintura en directoARTE E MUSEOS | De balde19:30(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Actividade dentro de Vigo Cidade de Cor que combina recital de poesía e pintura en directo. A muralista Vanesa Álvarez, responsables dos murais Expostas, nos que amosa a mulleres relevantes da literatura, a pintura, e o deporte galego, realizará unha pintura en directo. Xunto a ela estará Sheila Blanco, tocando o piano e cantando poemas de poetas da xeración do 27 (Las Sinsombrero) o acto estará presentado por Arantxa Treus.

Cantando a las poetas del 27” é o especial recoñecemento que Sheila Blanco, cantante e compositora formada en piano clásico e bel canto, outorga ás poetas que foron tristemente esquecidas da listaxe de nomes que integran esta importante Xeración literaria. Os nomes de Carmen Conde, Ernestina de Champourcin, Concha Méndez, Elisabeth Mulder, Margarita Ferreras, Josefina Romo Arregui e Dolores Catarinéu, que escribiron os versos aos que hoxe Sheila Blanco pon voz e ritmo, co único acompañamento dun piano. Así, “Cantando a las poetas del 27” é unha sorte de recital-concerto que pretende visibilizar e homenaxear a estas autoras, froito de máis de tres anos de investigación literaria e composición.

No transcurso do acto homenaxe terá lugar, en exclusiva para as persoas e colectivos asistentes, a presentación do deseño do vindeiro mural de Expostas, que como é habitual, se realizará no marco da nova edición do proxecto Vigo, cidade de cor. O Alcalde, Abel Caballero, será o encargado de expor a temática, título e protagonistas desta nova intervención artística, que será realizada no número 185 da rúa Coutadas.

Nestes seis anos de vida do proxecto Expostas foron visibilizadas, reivindicadas e representadas en distintos espazos da cidade mulleres do pasado, o presente e o futuro da sociedade, a cultura e o feminismo galego. Ao longo destas seis edicións recoñeceuse a forza, influencia e inspiración dun total de 29 mulleres, se ben son só unha pequena representación de todas as mulleres que merecen esta homenaxe.

Por iso, este acto pretende honralas a todas: ás que xa están nos muros, ás que estarán algún día e ás que se poden sentir representadas nas caras e nas historias desas protagonistas que forman xa parte deste especial grupo de mulleres Expostas.

Xoves 30 de marzo ás 19:30 no audiitorio do Concello. Entrada de balde ata completar aforo.

Para saber máis sobre Expstas, podedes ler este artigo que publicamos na revista en papel en setembro de 2018 sobre o traballo de Vanesa Álvarez.

Máis

Hora

(Xoves) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events