novembro, 2019

15nov(nov 15)20:00Exposición XXIV MARATÓN FOTOGRÁFICOARTE E MUSEOS | De balde(novembro 15) 20:00 Museo Marco

Máis

Detalles do evento

A presentación terá lugar o propio venres 15, ás 20.00, no transcurso dun acto no que os membros do xurado darán a coñecer os traballos gañadores desta edición, e entregarán os premios, acompañados por representantes do Concello de Vigo e empresas colaboradoras.

 

A exposición: Simbiose, Sinerxía, Harmonía, Espertar

Do 15 novembro 2019 ao 12 xaneiro 2020

Tomando como punto de partida esta edición 2019, o Espazo Anexo do MARCO —situado na praza peonil posterior— acolle unha mostra dos traballos presentados nesta XXIV edición do Maratón en torno aos catro temas propostos: Simbiose, Sinerxía, Harmonía, Espertar. De todas as obras presentadas, un xurado de selección elixiu 17 series que se exporán en formato panel, xunto ás obras presentadas por todos os participantes, que se exhibirán tamén nun formato menor.

A mostra, que permanecerá aberta ata mediados de xaneiro, é un referente para grande cantidade de persoas afeccionadas á fotografía, participantes ou non no maratón. Unha oportunidade para gozar dun conxunto de imaxes diversas nas súas características formais e técnicas, e para comprobar o xeito en que cada participante elixiu representar os catro temas con orixinalidade e coherencia.

Hora

Novembro 15 (Venres) 20:00

Lugar

Museo Marco

Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

X