decembro, 2019

05dec(dec 5)10:0023(dec 23)22:00Exposición Vigo HistóricoARTE E MUSEOS | De balde10:00 - 22:00 (23) Bar El Castro

Máis

Detalles do evento

Desde o balcón que temos no Paseo de Alfonso, paseamos fachendosos os vigueses, de orixe ou de adopción, mirando a Ría de Vigo e as Illas Cíes con ollos namoreiros.
Esta exposición organizada por Vigo Histórico xorde da preocupación deses cidadáns namorados do seu, coa construción dun túnel na Rúa Elduayen, que estragará tamén o Paseo de Alfonso XII, e polo tanto unha parte ben importante do Casco Vello da nosa cidade.
Na Convocatoría artística participaron os seguintes autores:
Peri Helio, Miki G., Pilas Bubbles, Montse Piñeiro, Laura Cochón, Blaurtopías, Inés Elorrieta, Silvia Sánchez, María Lago, Pablo Otero, Jorge Peréz Conde, La Difuntita, María Meiga,Pedro Román, Hassim, Teodoro K., Pepe Carreiro, Limoncello, Gato con Botas e Marta Gil.
As obras están a venda no Bar El Castro ata o 23 de decembro. Os cartos recadados servirán para cubrir os custos da reclamación legal por unha Peonalización sen Túnel no Casco Vello.

Hora

5 (Xoves) 10:00 - 23 (Luns) 22:00

Lugar

Bar El Castro

Paseo Alfonso XII, 2 bajo (2,85 km) 36202 Vigo

X