>

18xuñTodo o día05xulExposición `Universo Quixotas´arte e museos | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Biblioteca Central da Universidade de Vigo

Detalles do eventos

A Biblioteca Central do Campus de Vigo acolle ata o 5 de xullo a exposición Universo Quixotas, unha mostra que propón un percorrido polas reinterpretacións femininas do mito de Don Quixote ao longo dos últimos tres séculos. A exposición reúne personaxes da literatura universal como Ana Ozores, Emma Bovary, Isidora Rufete, Amparo ou Dorcasinda, mulleres nas que a lectura e a ficción condicionan a súa maneira de entender a realidade, establecendo paralelismos coa figura do célebre personaxe cervantino.

A proposta complétase cunha selección bibliográfica das obras estudadas e doutras publicacións relacionadas co tema, convidando a descubrir novas lecturas e perspectivas sobre un dos grandes mitos da literatura

Hora

18 xuño, 2026 - 5 xullo, 2026 (Todo o día)(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Central da Universidade de Vigo

Campus Lagoas-Marcosende, Estrada Colexio Universitario, s/n, 36310 Vigo, Pontevedra

Other Events