CAMELIAS NADAL

13nov(nov 13)10:00Exposición: 'Unha man que imaxina un mundo'ARTE E MUSEOS| De balde(novembro 13) 10:00(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

Menchu Lamas está considerada como unha das figuras máis significativas dentro da paisaxe artística galega actual. Aínda que xa na década dos setenta son destacables as súas innovadoras actividades artísticas, co Colectivo da Imaxe, e as colaboracións escenográficas e de deseño gráfico, a súa consolidación como artista plástica prodúcese coa formación do Grupo Atlántica. Xunto a outras figuras de diversas tendencias, pero con inquedanzas semellantes, os compoñentes deste colectivo dinamizan e renovan a plástica galega a comezos da década dos oitenta, obtendo unha importante repercusión dentro do panorama artístico nacional.

A Asociación Évame Oroza mostrará o seu arte en Unha man que imaxina un mundo ata o final de ano.

Hora

13 novembro, 2025 10:00(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events